2023/11/26

En Mondoñedo naide recunca como gañador

 CRIS A PIQUES DE GAÑAR A GRAN TARTA

     A cuarta  xornada da LNB Norleste disputouse o sábado 25 no campo Viñas da Veiga de Mondoñedo, ca disputa do “XII Aberto da Tarta” con 74 palanadores en xogo (48 homes, 15 donas e 11 cativos), nun campo blando, ainda que practicable ao que non tódolos palanadores se deron axeitado e que seixou puntuacións mais ben cativeiras.


    Perante a semana Muriego encargouse de poñer o día tódolos gañadores en Mondoñedo e preguntaba si este ano alguén repetiría como vencedor da xornada ou teríamos un novo campión para aumentar a relación dos que ostentaban ese título. Pois ben, Sachas sacounos de dudas e xunguiu o seo nome os da lista. 

     A gran sensación foi Cris (Castiñeiro Milenario) que confirma o seu bo estado de forma e foi a primeira do seu grupo con 24 puntos. 

     Nin os Pepe Outeiro, Mateu, Afonso ou Isma xunto co resto dos rivais que tivo foron quen de igualar o xogo da estrela dos Castiñeiro Milenario.

     Xa que logo Cris gañou a súa categoria e ca gran puntuación de hoxe sube o primeiro posto da xeral de donas seguida das billardeiras Musicais Aroa e Geni tanto na xornada de hoxe como na xeral.


        Outro dos triunfadores hoxe foi o gran Sachas (Troitas Bravas) que tamén dominou o grupo seis (ainda que este gran palanador xa nos ten acostumados a estas puntuaciñóns), con outros vintecatro puntos que igualaban a fazaña de Cris e o levaban a ter que disputar con ela o primeiro posto. 


       No desempate, Sachas golpeu primeiro e fíxose ca carreira. Cris foi quen de gañar a segunda e forzar unha nova carreira. pero nesta xa, un veterán moito mais curtido nestas pelexas a dous, deu o zarpazo final e fíxose co podio. Terceiro foi Basilio (Billardeiros Musicais) con 22 puntos.

        En infantis, Mateu (Madia Leva), Antía e Martin Sandonguero (os dous de Troitas Bravas), ocuparon merecidamente o podio.

  

        Subliñar que por primeira volta esta tempada, o gran Diego (Madia Leva) queda fora dos tres primeiros. Hoxe non  tivo o día.  

       



        O equipo de Carabullo presentou hoxe varias altas no equipo que lle deron un bo empurrón para acadar o segundo posto con un punto menos que os gañadores Troitas Bravas, pola contra os Billardeiros Musicais acudiron o encontro con notables baixas, malia  iso, foron quen de aguantar o tipo, sendo terceiros por so un punto de diferencia, o que lles permite seguir o fronte da xeral.


      Gostaron da tarta os tres primeiros clasificados e mais o equipo gañador.

        Parabéns a todos e vémonos na vindeira cita que será  o domingo 17 de Decembro en Ribadeo. Billarda sempre e adiante co Varal!


No hay comentarios: