QUEN QUEIRA TROITAS QUE SE MOLLE O CU
Riotorto 25 de febreiro de 2024
O "Como chove miudiño, como miudiño chove" da nosa Rosalía, quedouse corto hoxe en Riotorto, donde se tiña que disputar (e malia todo se disputou) a 8ª xornada da LNB NorLeste.Dos sesenta palanadores anotados para a xornada, soamente trinta e cinco (pouco mais da metade) ousaron chapotear no anagado campo municipal "A Veiga" de Riotroto.Xornada atípica donde as haxa que rematou cos Troitas Bravas mais líderes ca nunca.A seguinte xornada do 2 de marzo en San Miguel, queda aplazada por consenso de tódolos presentes para o sábado 23 de marzo.De tódolos xeitos, Flores non quere deixar de facer un aberto polo San Rosendo e polo tanto, o mesmo día 2 si que se vai facer un abertiño amigable (posiblemente nunha soa pista no mesmo campo das Valgas ou no campo da festa como se fixo antano).O seguinte encontro de liga será o 17 de marzo en Begonte. Billarda sempre e adiante co Varal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario