III ABERTO DO CASTIÑEIRO
Despois da resaca da xornada de Riotorto, donde os Troitas Bravas gozaron no seu elemento natural (auga por riba e por baixo) e aproveitaron a renuncia da metade dos palanadores presentes a chaopotear no anagado campo de fútebol para poñer terra por medio na clasificación xeral e dar un golpe definitivo a liga, unha vez todos enxoitos voltamos a normalidade do III aberto do Castiñerio.
O campo de fútebol de Pacios acolleo nun agarimoso e morno domingo a novena xornada da LNB NorLeste desta tempada que vai camiño de rematar.
Un total de sesenta e tres palanadores (corenta e tres homes, dezaseis donas e catro cativos) disputaron esta xornada.
Remataron empatados a vintetrés puntos tres xogadores que se repartiron o podio nun desempate a tres carreiras. Juanki (Troitas Bravas) foi o mais acertado e subio o mais alto do podio, segundo Basilio (Billardeiros Musicais) e terceiro Nolo (Billarda Rio Miño).
En donas, recuncan no podio as mesmas do ano pasado pero en orden inverso, as ribadenses e musicais billardeiras Dori e Aroa dominaron quedando terceira Cris (Castiñeiro Milenario) que se confirma como revelación da tempada e muy seria aspirante o título. O resto de donas tamén estiveron a bo nivel.
En infantís o conto de sempre, Mateu e Diego non dan chance, e desta volta a non asistencia das estrelas dos Troitas Bravas, Antía e Alba, permitiron subir o podio a xovencísima Maré para completar o pleno do equipo Madia Leva.
Por equipos dentro do bo tono xeral, destacaron Billardeiros Musicais e Troitas Bravas que empataron a 84 puntos. Como cada un deles tiña un xogador con 23 puntos (que disputaron o podio) o segundo con mellor puntuación foi o que deu a victoria de equipo, neste caso Markytos con 22 puntos superou a Sandonguero con 21 e daquela os Billardeiros Musicais gañaron a xornada. Terceiro foron o equipo Billarda Rio Miño que paseniño vai pisando forte e ameaza con acadar o terceiro posto a costa de Madia Leva.
Parabéns pola boa organización de Castiñeiro Milenario para este aberto que rematou ca entrega de gustosos agasallos os gañadores.
A vindeira xornada o sábado 23 de marzo en San Miguel. Parabéns a todos. Saúde e billarda sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario