AINDA CO VENTO TIRABA PATRÁS, EN MUIMENTA GAÑOU MORAS.
A xornada do sábado en Muimenta podemos decir sin dúbida que foi a mais dificil da tempada para xogar a billarda, si deixamos fora a tolemia de Riotorto claro.
O sol lucía, mais un nordés de noites de inverno que estivo con nos toda a tarde non lle deixou quentar. Algún atrevido comezou a xogar en camiseta pero mais axina que tarde se puxo roupa de abrigo para poder aguantar o frio e racheado vento.
Nembargantes, a serpe multicolor da LNB no canto de arredarse, foi enchendo o campo de xente ata bater a marca da tempada con noventa e dous palanadores (sesenta e un homes, vinteunha donas e dez cativos).
Como cabe supoñer, moitas voltas os paláns buscaban a billarda no ar, mais por mor do vento nona atopaban cando querían golpeala e polo tanto as puntuacións no foron as que cabía agardar. So dez dos palanadores acadaron vinte ou mais puntos.
Morás (Madia Leva) foi quen mais atinou e acadou vintetrés puntos. A un so punto quedou Tejero (Billardeiros Musicais) e catro valentes tiveron que desempatar para ocupar o terceiro caixón do podio. Manu Pozo (Billardeiros Musicais) non tivo nada que facer contra tres mosqueteros dos Troitas Bravas, Regueiro, Sadonguero e David Navallo, sendo o "mago de Castropol" o mais acertado no envite.
En donas dominaron as mariñáns billardeiras Geni e Dori empatadas a puntos seguidas por Delia do equipo Billarda Rio Miño.
Unha volta mais os infantís Diego e Mateu (Madia Leva), foron os mellores superando a Alba dos Troitas Bravas e o resto de participantes sin atranco algún.
Os gañadores foron agasallados con sendos árbores frutais o mesmo que ó equipo da xornada.
E xa rematando a tempada o vindeiro sábado once de maio teremo-la derradeira xornada do "Coello de Suso" en Remourelle (disque este ano o coello vai ser conxelado, iremos vendo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario