Remourelle 11 maio 2024 XIV ABERTO “O COELLO DE SUSO”
BASILIO, AROA, DIEGO E TROITAS BRAVAS CAMPIONS DA TEMPADA
Remata a tempada da LNB da conferencia NorLeste no campo da festa de Remourelle nunha animada tarde con sesenta e nove palanadores presentes (corenta e sete homes, quince donas e sete cativos).
Tres imprescindibles nun momento de relax |
Fóronse rematando os grupos con Regueiro dominando o grupo seis e facendo pleno de puntos (so Markytos foi quen de seguilo de perto) e a súa compañeira, a infantil Antía, dominando xunto con Maricarmen o grupo dous. Antía fixo 23 puntos sendo a segunda clasificada da xornada.
Con un desempate entre Manolo, Aroa e Markytos, resolveuse o terceiro chanzo do podio sendo o tricampión nacional quen se fixo con el.
En donas Aroa, foi a mellor seguida de Maricarmen e de Pamela. Este trunfo permitiulle a ribadense superar a Cris (que a aventaxaba en dous puntos) na xeral e quedar como campioa da tempada, xa que logo Cris segunda e terceira Vanesa.
Aroa escoltada por Cris e Vanesa, podio da tempada |
Podio infantil da tempada: Diego , Mateo e Alba |
En equipos tamén estaba todo dito. Campións os Troitas Bravas de A Pontenova, seguidos dos ribadenses Billardeiros Musicais e dos lucenses de Madia Leva. Hoxe os campións voltaron a ser os mellores da xornada, Billardeioros Musicais segundos e estreando podio Billarda Verde de Castroverde.
Os Troitas Bravas recuncan como Campións
Hoxe a pista algo mais curta permitiu cos especialistas acadaran sete tiros directos e con tres palanadores empatados a dous varados, houbo que recurrir a un desempata para saber quen era campión. Charli con dous varados mais, superou a Toño e Morás e fíxose co título.
Charli, Campión de Varados e terceiro na xeral
Chegou o momento dos campións e Basilio foi quen de aguantar o tipo, aumentando ainda a ventaxe que tiña con Sachas, e Cortón que iba de terceiro viu o rexurdir de Charli e como o zurdo d'ouro dos Carabullo lle pasaba pola dereita sin contemplacións e se facía dono do terceiro posto.
Muriego e os Bulls, quixeron facer un pequeno recoñecemento por un lado a Esther, unha das derradeiras incorporacións dos Troitas Bravas, polo seu empeño en chegar o varal ca billarda e pola súa entrega en cada un dos encontros e tamén a Delfranco, un dos palanadores mais veteráns da LNB que nos acompaña dende casi o comenzo desta máxica aventura billardeira. Ambolos dous recibiron un pequeno agasallo. E que siga a festa!
E sin mais deuse paso a entrega de agasallos os gañadores e a torrezmada de costume ca que remata esta tempada chea de emoción e de tantos valores emerxentes que van tomando o relevo dos veteráns.
Agradecer o Concello de Ribadeo os trofeos donados, a Suso Villarino e a tódalas persoas que fan posible que esta tolemia da billarda siga para diante. Graciñas . Billarda sempre e adiante co Varal.
Vémos o domingo 26 en Santiago no “II GRAN ABERTO NACIONAL”
No hay comentarios:
Publicar un comentario