2024/05/28

A NorLeste triunfa no II Gran Aberto Nacional

    David Navallo novo "COROCEIRO NACIONAL" e Billardeiros Musicais "TETRACAMPIONS"

     No campo de fútbol do Atlético Fátima, no Castiñeiriño, Santiago de Compostela, o domingo 26 de maio deste 2024, batemos a marca de palanadores do ano pasado. 101 deportistass de toda Galiza e mais do Bierzo nos xuntamos para a gran festa anual da billarda.

     Graciñas a Tio Migui e compis que se achegaron a xogar con nos e os irmans de Xogos Tradicionais de Santiago pola súa inestimable axuda e implicación seguindo os pasos do recordado Mario, verdadeiro valuarte desta festa billardeira anual. 

     Non estivemos tódolos que somos, pero si somos tódolos que estivemos. Grandes e pequenos xogamos, comimos, tocamos a gaita, cantamos e por riba de todo disfrutamos dun día inesquecible de camaradería e amizade.

     Sana competencia e calidade a esgalla en cada un dos grupos que loitaban por clasificarse para as eliminatorias en  pos da “Coroza”. Moitos aspirantes quedaron polo camiño na fase de grupos (Sachas, Albino, Félix, Geni, Aroa, Cris...) o que pode dar idea da calidade e bo facer de tódolos participantes. 

     Pero so un podería acadar o título de Coroceiro Nacional e non foi outro que o “mago de Castropol” David Navallo que malia a empezar moi dubidoso, soupo repoñerse e deleitarnos cunha final de infarto na que superou, non sin dificultades, primeiro o aspirante número un, o zurdo d'ouro da LNB, o gran Charli e logo na final a Gundar, (o Lamine Yamal dos Madia Leva) que non llo puxo doado tampouco.

     Xunto a Gundar, Morás fixo tamen unha extraordinaria xornada, pasou rolta tras roltas e so se rendeu nas mediafinais ante o seu irman maior e na loita polo terceiro posto, nada poido facer ante o poderio gran Charli que lle arrebatou o terceiro posto. 

      Ao non acadar ningún varado na fase de grupos, fíxose un concurso entre os tres meiores varadistas de cada unha das tres conferencias presentes. Cinco oportunidades para acadar o título e foi precisamente no derradeiro tiro donde  o xoven Marcos Jr. de Armadiña (Combarro) deu un espectacular golpe para traspasar o varal e acadou o titulo de Campión de Varados. 

      En donas houbo moita igualdade, chegouse a un desempate polo primeiro posto donde se enfrentaba o NorLeste con o Sur.  Tania (Valpaços de Vigo), mais ducha nestas lides, puido ca inesperiencia e nerviosismo de Vanesa  (Castiñeiro Milenario) e gañou a xornada, terceira foi Cris tamén de Castiñeiro.

        En infantís, a NorLeste presentouse un pouco falta de efectivos, as ausencias de Diego, Mateu, Antía e Alba facilitaron o traballo da gran estrela dos Filloas de Sangue de A Coruña. Valentín, que ya fora primeiro no seu grupo e que perdeu nun cruce con Navallo, foi o mellor seguido das dúas xovencísimas promesas de Gharaboto de Marín, Antía e Aldara.

    E finalmente por equipos, os Billardeiros Musicais de Ribadeo, voltan o mais alto converténdose en tetracampións Nacionais, superando por un so punto os actuais campións os Troitas Bravas de A Pontenova, a algo mais distancia quedaron os Filloas de Sangue de A Coruña, que acadaron o terceiro chanzo do podio.




     

Xornadas como a de hoxe, donde non faltou a música de gaita a cargo dos compoñentes do equipo campión,  son as que manteñen viva a billarda e fan que siga a medrar de ano en ano. Graciñas a tódos e cada un dos participantes neste grandioso evento deportivofesteiro. Billarda sempre e adiante co Varal!


No hay comentarios: