A néboa baixa deixou a súa pegada na herba do campo que puxo en algún apreto a maioría dos planadores. Os que mellor se afixeron as dificultados foron Felix de Bill. Musicais, con vintetres puntos, Albino de Carabullo con vintedous (primeiro e segundo) e Pepe Outeiro (Bill. Rio Miño) e Daniel (Bill. Musicais) que con cadanseus vinteun puntos xogaron un desempate polo terceiro chanzo do podio, resultando gañador o mariñán.
Por equipos, os Billardeiros Musicais de Ribadeo estiveron os mais afinados da mañán e comezan dando guerra por diante de Billarda Rio Miño de Ponte de Outeiro e de Troitas Bravas de A Pontenova.
Para as donas non foi unha xornada de grandes puntuacións. Irea de Carabullo foi a gañadora por diante da ribadense Dori e da Trota Brava Alba (que estrea categoría deixando o podio infantil).
E como xa se agardaba, en infantís suma e sigue, Madía Leva mete as súas estrelas Diego e Mateu como primeiro e segundo; na súa derradeira tempada como infantís queren dixar a sua pegada sendo un ano mais os amos da categoría.Terceira quedou Antía de Troitas Bravas.
En resumo unha moi boa xornada! Mágoa que se alongou mais do agardado e algún palanador tivo que deixar de xogar a derradeira carreira. Haberá que axustar un pouquiño as normas e tar todos mais atentos e pendentes do seu turno de xogo.
A seguinte xornada xa o vindeiro domingo 29 de setembro en Pol.
Saude e Billarda sempre!







No hay comentarios:
Publicar un comentario