2024/10/22

3ª xornada da LMB NorLeste. A Pontenova 20.10.2024


Markytos cobizaba e pillou finalmente a navalla

   O "XIII Aberto do Ferro" la LNB da conferencia NorLeste, xuntou  a 81 paladores (56 homes, 15 donas e 10 cativos) no campo da mina de A Pontenova.


     Solleira mañá nos recibiu, ainda que con vento racheado irregularmente repartido e indo de mais a menos dende o campo número un ó número catro.

XA  É  MIÑAAA...!
    Desta volta nembargantes no foi impedimento para que "Markytos" (o sorteo levouno o campo num. 2) gañara merecidamente a "súa navalla" rozando o pleno de puntos (24 de 25). Debecía tanto por acadar este premio que días antes se puxo a retocar unha billarda especialmente para esta ocasión. E saiulle ben! A billarda cumpriu e o tricampión nacional non errou. "Por fin teño a miña navalla propia e non as de miña mai" dixo xubiloso.

     Segundo a so un punto foi o seu compañeiro Basilio que iba de pleno a falta de unha carreira, mais so fixo tres na derradeira e terceiro foi con 22 puntos Collazo do equipo Foucellas de A Coruña logo de superar nun desempate o gran Sachas do equipo local.

    En donas, Alba foi a mellor, (nas tres xornadas que levamos fixo podio: un terceiro posto, un segundo e hoxe o primeiro), recen chegada a categoria de maiores, ven para quedarse e aspirar o título. Hoxe a ausencia de Irea  deulle alas e soupo aproveitar para uparse o liderazgo desbancando a brava palanadora dos Carabullo. Geni e Pamela acompañárona no podio femenino.

   En infantís non cambia o conto, so intercambian posto os dous fenómenos de Madia Leva, si ontes foi un hoxe é o outro. Mateu gañou e Diego foi detrás. Terceiro un soberbio Mateo dos locais que día a día vaise asentando. Tódolos cativos levaron un fermoso agasallo.

Non estamos todos os que somos, pero somos os que estamos

  As boas puntuacións de Markytos e Basilio, xunto cas achegadas polos compañeiros, fixeron que os Billardeiros Musicais sairan campións do aberto acortando en catro puntos a diferencia cos líderes actuais. O segundo posto foi para os anfitrións Troitas Bravas e o terceiro para Carabullo.

   E para remate da xornada un bo e mercido xantar de irmandade, agardando para o vindeiro aberto en Penas da Roda. Billarda sempre e adiante co Varal!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario