2024/10/01

2ªxornada das LNB NorLeste. Tempada 2024.2025

                                             AS TROITAS SIGUEN SENDO BRAVAS

2ª xornada da LNB NorLeste. Pol 29.09.24


            Ca VI edición do Aberto de Billarda “A CEO ABERTO” deu comezo a segunda xornada da LNB NorLeste.

        Foi no campo de fútbol Manuel Luna de Pol, debidamente acondicionado para a ocasión, polos compañeiros de Billarda Verde, donde nos demos cita setenta e tres palanadores (47 homes, 16 donas e 10 cativos).


        Nunha fermosa  e soleada mañá, so un pouco de vento puxo en algún apreto os palanadores que nembargantes souperon capeala situación con bo humor e a deportividade que sempre reina na LNB.

         falando de humor temos que destacar a "la alegría de la huerta" JUNCAL, palanadora alegre e vivaracha donde as haxa que festexa cada golpe brincando polo campo como si gañara un gran premio. E o mesmo que o bo golpe o dé ela ou calquera dos compañeiros, celebra todo de igual xeito e que por certo hoxe estivo moi atinada  acadando o terceiro posto de donas por detrás das grandísimas estrelas Irea e Alba.


        Por equipos os Troitas voltan a ser Bravas, non lles gustou o comezo que fixeron en Castroverde e hoxe apertaronse os machos e gañaron con solvencia por diante de Carabullo e dos Billardeiros Musicais, seguen a ser o equipo mais numeroso e dificil de bater.


        Gran parte do mérito dos da Pontenova (ainda con baixas notables como Regueiro ou Noé entre outros) foron Sachas que con 24 puntos gañou a xornada e o actual Coroceiro Nacional David Navallo que foi segundo con 22 puntos. Terceiro foi Chousa do equipo anfitrión Billarda Verde, logo dun desempate con Dani de Carabullo.

        E como era de agardar en infantís, Madia Leva non da chance, ten sempre en formas ós seus fenómenos Diego e Mateu que so deixan libre o terceiro posto, hoxe ocupado por un gran Mateo de Troitas que días a día vai a mas.

       

      Entrega de agasallos por parte de Manu ós gañadores e fin de festa emplazándonos para o vindeiro 20 de outubro que voltaremos a xogar en A Pontenova. Saúde e billarda sempre!


No hay comentarios:

Publicar un comentario