2026/09/16

1ª xornada da LNB NorLeste. Tempada 2026-2027

                                       I Xornada da LNB NorLeste tempada 2026-2027

IX  ABERTO DAS NOCES. CASTROVERDE 13.09.2026

SO PODE  QUEDAR  UN!

    O domingo 13 de setembro baixo un sol de xusticia, no campo Veiga do Olmo de Castroverde, comenzamos unha nova tempada billardeira que promete ser das mais esixentes e competidas polo gran nivel amosado.

    Setenta e un palanadores non xuntamos neste primeiro encontro (46 homes, 17 donas e 8 cativos) houbo notables ausencias de palanadores  veteráns, pero tamén moitas caras novas que se xunguen a esta tolemia da multicolor serpe da LNB  e prometen  espectáculo.

    Damos a benvida as novas incorporacións e agardamos que sigan formando parte desta familia.

     Segundo acordamos na xuntanza de pretempada, voltamos o sistema antiguo sin límite de golpes e abofé que se notou nas altas puntuacións acadadas.

    Para o podio absoluto, foi preciso acudir o desempate entre tres grandes que acadaron cadanseus 25 puntos. So un podía gañar e así quedou a cousa: 1º Chousa (do novo equipo Liber Pol), 2º Antom de Madia Leva e 3º Sachas Sachas de Troitas Bravas. Este último foi quen de  acadar o primeiro varado da tempada.

    Por equipos, en principio triple empate  a 85 puntos, mais comprobadas as puntuacións, viuse un erro que (unha vez comprobado) deu como gañadores  con 86 puntos, os mariñáns Billardeiros Musicais, sendo Madia Leva e Troitas Bravas os acompañantes no podio.

    En donas, o retorno de Cris de Castiñeiro Milenario, (xa recuperada dunha lesión) non puido ser mellor: gañou  a súa categoría por riba da sua compañeira Nedi e de Fina (Billardeiros Musicassi) que remataron en igualdade de puntos.

    En infantís, hay un trío de “pequenos-grandes” palanadores que teñen como propio o podio xornada tras xornada. Non son outros que os irmans troitiñas Mateo e Martín (primeiro e terceiro) e Mateo Ledesma de Madia leva (que se meteu entre os dous como segundo).

    Rematado o encontro, en trega de premios os gañadores e comida de irmandade no campo da feira. Parabéns a Billarda Verde pola organización e os agasallos  e a todos en xeral polo bo ambiente que preside tódolos encontros. Vémonos en Castropol . Billarda sempre e adiante co Varal!

No hay comentarios:

Publicar un comentario