2026/06/03

IV GRAN ABERTO NACIONAL DE BILLARDA

 GUNDAR!  GUNDAR!  GUNDAR!

        O campo de fútebol do Atletico Fátima de O Castiñeiriño volveu converterse nunha gran festa da billarda grazas á Asociación O Varal e á colaboración de Xogos Tradicionais de Compostela. o domingo 31 de maio de 2026, nun día soleado e cheo de bo ambiente, a competición reuniu a numerosos palanadores para vivir unha xornada emocionante de principio a fin.


    Pola mañá disputouse a fase de grupos, da que saíron os 32 clasificados para as eliminatorias da tarde, con casi tódolos aspirantes presentes salvo algún que se despistou e quedou fora. Xa quedaron definidos os podios infantil, de varados e por equipos. En infantís dominio total dos Troitas Bravas. Mateo culminou a gran tempada subindo o mais alto por riba de Antía e de Martín (tres promesas xa feitas realidade. Parabén rapaces! 

    Acadouse un so VARADO, algún disparo mais cheou a traspasasr o varl mais pola parte de fora. So Manu Caldeiro foi quen de acertar polo medio e medio do varal. o finalista do ano pasado converteruse no CAMPIÓN DE VARADOS 2026. Parabéns!


     En equipos os campións da conferencia NorLeste, "Troitas Bravas" de A Pontenova non deron chance e revalidaron título, por diante de Billardeiros Musicais de Ribadeo e de Madia Leva de Lugo (ainda que estes empatados a puntos cos Carabullo de Ponte de Outeiro).

    Xogouse a final femenina cas catro que acadaron mellor puntuación: Antia, Geni, Dori e Milagros, pasando a final Antía e Geni e disputando o terceiro posto Dori e Milagros, que recau na de Ribadeo.


    Na final, a xoven Antía demostrou que está en moi boa forma, mais a presión de xogar contra a tricampioa fixo que o seu brazo tremara cando mais firmeza necesitaba e rematou contentándose co segundo posto. A veterana Geni seguiu facendo historia ao proclamarse campioa por cuarta vez. 

    Tras o relaxante xantar con música e recital de poesias, chegaron as eliminatorias decisivas. Despois de intensos enfrontamentos, donde se foron caendo palanadores, chegouse a unha finl entre dous dos  grandes, Basilio que ainda que floxeou algo perante a tempada, hoxe demostrou porqué estaba entre os mellores da LNB e Gundar, que fixo unha gran  tempada  e hoxe foi o terror dos Billardeiros Musicais, chipou fora o tricampión Markytos, lgfo o actual Coroceiro Felix e na final a Basilioe convertendose no novo Coroceiro e recibindo a coroza de mans do anterior campión, Félix. O terceiro posto foi para Sachas qie lle gañou a Félix.

     O trunfo de Gundar foi acollido por todos con grade alegria, pois é un gran xogador que vai repartindo alegría en cada golpe, valente e grn compañeiro. PARABENS GUNDAR!





Gundar co seu equipo Madia leva
    A entrega de premios contou coa presenza da concelleira de Deportes, Pilar Rueiro, e tamén de Keli e Diego, fillos do lembrado Mario. Unha vez máis, a billarda demostrou a súa forza como deporte e como punto de encontro para amizades, tradición e diversión.

    Parabéns a todas e todos os participantes, e longa vida á billarda! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario