Ca esperanza e ilusión de poder levalo a cabo, sempre que a choiva nos dé un respiro e non enchoupe o campo mais do que está, lanzamos o cartel para o domingo.
Agardaremos ata o venres a tarde ou sábado a mañá para evaluar a situación e comunicarvos que decisión tomamos. Mentres agardanos: Billarda sempre e adiante co Varal!Blogue Oficial da Liga de Billarda do Norleste
Todo sobre a LNB da conferencia NorLeste
Cabezera
2026/01/07
2025/12/15
4ª xornada da LNB NorOLeste. Friol 14 decembre de 2025
Da néboa de Friol xurden con forza as Troitas Bravas
Onte en Friol xogouse a 4ª xornada da LNB NorLeste, o "I aberto do Narla", pero ben puido ser unha película de humor costumbrista con banda sonora de tiritonas e golpes secos de palán contra a madeira mollada. A mañá ergueuse fría coma un discurso sen viño e cunha neboa tan pecha que había quen lle pedía permiso para lanzar, non fose que a billarda se perdera para sempre noutro concello.

E cando a xente aínda estaba entrando en calor, apareceu el: o artista dos Bulls e da LNB, o inigualable Muriego. Un home capaz de pasar o ferro a un ovo e deixalo ben planchado, ou de fritir unha camisa sen manchar a tixola. Xogou coma quen sabe, gañou coma quen pode e marchou coma quen xa está acostumado a iso de subir ó máis alto do caixón.
Segundo quedou Juanki, que tamén fixo un varado deses que se contan durante anos e se esaxeran durante décadas. Terceiro foi Sachas, nunha loita corpo a corpo (billardeiro, iso si) con Manu Caldeiro, Navallo e Antom, que venderon cara a derrota e non regalaron nin un centímetro de terreo.
En donas, a cousa estivo clara: Cris levou o gato á auga por diante de Aroa e Vanesa, demostrando que aquí non hai frío nin neboa que pare a quen ten boa man e mellor cabeza. Pero que non se descuide, so un punto lle deu a victoria sobre as suas compañeiras no podio.
Na categoría infantil, Mateo segue sen atopar quen lle faga sombra esta tempada: lanza, acerta e marcha tan tranquilo. Detrás del quedaron Iría e Andrea, aprendendo rápido e apuntando maneiras.
![]() |
| Os infantís veñen puxando forte |
Por equipos, os Troitas Bravas puxéronse en modo depredador, gañaron a xornada e colócanse líderes. Segundos foron os Billardeiros Musicais, hoxe algo desafinados, coma gaita mollada, e terceiros Madia Leva, cumprindo con dignidade e bo humor.
E todo isto foi posible grazas ós Rachaventos, que organizaron o evento de dez, con bos premios e mellor ambiente. Parabéns para eles… e que a billarda siga voando, aínda que sexa entre neboa.
Vémonos na seguinte para o ano que ven en Ribadeo, e mentres agardamos, que pasemos todos unhas moi Boas Festas de Nadal e Ani Novo. Billarda sempre e adiante co Varal!
2025/12/04
3ª Xornada da LNB NorLeste. Nadela (Lugo) 23.11.2025
Navallo "O Mago de Castropol" gaña en Lugo
O campo de fútbol de Nadela (Lugo) volveu acoller unha xornada épica de billarda, marcada por un terreo enchoupado, esbaradizo e moi traizoeiro, que puxo a proba a resistencia e a técnica dos 75 palanadores presentes (54 homes, 17 donas e cato infantís).O barruzo e o frío persistente convertéronse en convidados incómodos, mais non impediron que o espectáculo brilase.
O nome propio da xornada foi o “Mago de Castropol”, que mostoru á súa mellor versión recuperando a precisión que mostou cando foi Coroceiro, deixando a billarda co primeiro golpe moi perto do varal e demostrando por que é considerado un dos talentos da LNB.
Tras el, o carabullo Santi firmou un debut estelar na tempada, acadando un meritorio segundo posto, mentres que Manu Pozo, dos Billardeiros Musicais, completou o podio masculino cun sólido terceiro posto.
![]() |
| Santi, comeza a tempada cun podio |
Na categoría de donas, Aroa impúxose con autoridade, adaptándose mellor que ninguén ás condicións extremas. O podio completouse coas palanadoras de Castiñeiro: Cris, que levou o segundo posto, e Vanesa, que asegurou a terceira posición tras unha xornada moi regular.
No apartado por equipos, a potencia das Troitas Bravas impúxose polos pelos, na lama de Nadela, mentres que os Billardeiros Musicais rubricaron unha boa xornada co segundo posto. Os anfitrións, Madia Leva, pecharon o podio nunha actuación marcada pola entrega e o coñecemento dun campo que esta vez xogou a favor… e tamén en contra.
Un encontro duro, frío e pasado por auga, mais inesquecible para todos os que mantiveron a billarda voando sobre Nadela.
2025/11/12
2ª xornada da LNB NorLeste. 9-11-2025
Markytos e os Billardeiros Musicais, no máis alto!
Celebramos o 2º Aberto dos Canteiros —segunda xornada da LNB NorLeste— o pasado 9 de novembro en Penas de Rodas, no campo de fútbol de Gaioso, que acolleu con agarimo aos 72 palanadores participantes (53 homes, 16 donas e 3 cativos).
A mañá comezou con frío e humidade a eito, mais o tempo foi mellorando ata regalarnos unha fermosa xornada coa aparición de Lorenzo incluída.
![]() |
| Trofeos que preparou o equipo "Rachaventos" como organizador. |
Como xa se puido comprobar na primeira cita, as puntuacións deste ano están a ser máis axustadas por mor do novo sistema de límite de golpes.
A falta dunha carreira, tres palanadores mantiñan opcións de vitoria: Markytos (19 puntos), Toño (17) e Gundar (15). Finalmente, o mariñán errou e sumou un cero, Toño engadiu 3 puntos e Gundar 5, o que fixo virar por completo o podio. Nun emocionante desempate con Toño, Gundar ("o trasno de Madia Leva") proclamouse campión do Aberto.
Na categoría de donas, produciuse un triplo empate entre Cris, Geni e Sara, que recibiron unha camisola de agasallo.
Entre os infantís, desta volta so participaron tres: Mateo, Martín e Andrea, que ocuparon o podio por esa mesma orde. Os dous irmáns de Troitas, este ano van ser candidatos en tódolos abertos, contando tamén ca súa compañeira de equipo Antía (que hoxe estivo ausente).
En equipos, os Billardeiros Musicais recuncaron como campións en Penas de Rodas, por diante de Troitas Bravas e Madia Leva.
2025/10/27
1ª xornada de LNB NorLeste. A Pontenova 26 outubro 2025
1ª xornada da LNB NorLeste. A Pontenova 26-10-2025
Markytos recunca e acada a 2ª navalla
Xa era tempo de comezar esta tempada logo de ter anulado (¿?) as dúas xornadas anteriores. Había fame de billarda e ata o tempo que amiazaba temporal, fixo unha trégola e como si quixera bendecir o comezo, amagou mais non chegou a mollarnos.
En infantís, foi o equipo anfitrión o único que presentou palanadores e polo tanto o podio foi monocolor, cos tres artistas Roi, Mateo e Martin, equiparándose os mellores con golpexos dignos de envexa. O pequeno gran Martín a dúas maus e todo un espectáculo de entrega e bo facer. Bravo campións!
2025/10/24
Disque a terceira vai a vencida
Agardamos que a terceira vaia por fin adiante o comezo da tempada da LNB NorLeste, e para facer boca o sábado 25 de outubre, haberá un aberto en Baleira co gallo da 8ª Feira do mel da montaña para todo aquel que queira comprobar o seu estado de forma cara a liga que comeza.
Cabe subliñar que algún dos nosos planadores, participaron en abertos da liga Federada, donde acadaron moi bos resultados. Así na xornada núm 2 xogada na Laracha, Felix e Dori foron os gañadores absoluto e femenino e Delia quedou nun meritorio 3º posto en donas, ademas os Billardeiros Musicais quedaron segundos por equipos a so un punto dos gañadores.
Asimismo, no II Campionato Galego que se celebrou en Castro de Riberas de Lea o pasado 27 de setembro, quedou campión o equipo anfitrión de Billarda Rio Miño revalidando o título que xa tiña no seu poder e como Campión absoluto quedou Daniel de Billardeiros Musicais.
Con Daniel como campión, subiron o podio Lu (Lúa de Forza) como 2ª e Outeiro (Corredorias) como 3º. Parabéns a todos eles e sorte para a nova tempada. Billarda sempre!
2025/10/11
Comeza a Tempada 2025.2026
Si ainda non o fixéchedes, ide poñendo a punto paláns e billardas que estamos a piques de comenzar a tempada.
Logo de suspender a xornada de Castroverde, desta vai e agardamos que todo esté xa arranxado para a xornada do vindeiro domingo 19 en Meira.
Aí vos deixo o calendario aprobado por si algún non está enterado. O regulamento sigue como está agás que esta tempada vamos a probar co sistema de limitar o número de golpes a seis. As puntuacións serán 6-5-4-3-2 e 1 punto, bonificando o "VARADO" con un punto mais do que corresponda según o número de golpes dados.
2025/05/31
III GRAN ABERTO NACIONAL 25.05.2025
III GRAN ABERTO NACIONAL DA LNB
FELIX COROCEIRO NACIONAL, AROA RAIÑA DAS DONAS
E TROITAS BRAVAS O EQUIPO MAIS FORTE
A guagua da LNB partiu puntualmente cara o Castiñeiriño, logo de ir recollendo palanadores polo camiño ata casi encher a súa capacidade para xuntarse no campo do Atlético Fátima cos outros palanadores que xa se atopaban agardando polo comezo da xornada.
Saímos ca mosca na orella por mor do tempo que ameazaba choiva, mais afortunadamente foi todo o contrario; Lourenzo mais unha vez fixo acto de presencia e nos acompañou toda esta xornada na Gran Festa Billardeira 2025, donde 88 palanadores de toda Galiza nos xuntamos para loitar en busca da Coroza Nacional.
Completáronse os grupos ca xente que non se tiña anotado e demos comezo, gardando un respetuoso minuto de silencio en memoria de Suso Villarino e de Mario Rodríguez, dous dos grandes valedores e impulsores da recuperación da billarda.
A mañá xogáronse os oito grupos dos que sairon os 32 mellores para disputar as eliminatorias da tarde. Nesta primeira selección xa quedaron fora algunhos dos que se esperaba chegaran algo mais lonxe como Pepe Outeiro, Luis, Pablo Lobo, Manu Pozo ou Juan Carlos entre algún outro.
![]() |
| Dous dos aspirantes que quedaron fora das eliminatorias |
Nembargantes sobresairon e dominaron os seus respectivops grupos, dous infantís, o Troitiña Mateo e a Gharabotiña Aldara, ámbolos dous coparon o primeiro e segundo posto na súa categoría de infantís, deixando o terceiro posto para o gran Mateu de Madia Leva.
![]() |
| Mateo revelación da tempada e Campión infantil |
As puntuacións das donas na fase de grupos, tamén determinaron xa o podio femenino que quedou conformado por Aroa (Billardeiros Musicais) con 13 puntos, que manten o título de Campioa de donas que xa acadara o ano anteiror, Irene (Cochiqueiros) con 12 puntos e Delia (Rio Miño) con 11 puntos.
![]() |
| Podio donas con a infntil Aldara |
![]() |
| Así quedaron as eliminatorias para a xornada de tarde. |
Chegou a hora do descanso para xantar e relaxarse antes da xornada de tarde, cada quen buscou acomodo e non faltou a música de fondo.
![]() |
| Antía (Gharaboto) foi a única dona que participou en Varados. |
Para comenzar a tarde fixemos un concurso de varados. Cinco tiros alternativos dos tres mellores presentes de cada unha das conferencias e ainda que se viron moi bos tiros, desta volta naide foi quen de furar o varal polo que o posto quedou deserto.
Os trinta e dous clasificados da mañá, comenzaron a loita a dúas carreiras con outra mais en caso de empate e finalmente de persistir o empate, ó tiro mais longo para, en cada eliminatoria ir reducindo os participantes a metade ata quedar quedar so un gañador en cada campo. Os catro superviventes foron: Charli (Carabullo), Bonxe (Billarda Rio Miño), Felix (Billardeiros Musicais) e San Rodiño (Lua de Forza).
![]() |
Gran loita de poder a poder e en ámbolos dous enfrentamentos empate con unha carrreira gañada por cada un dos contrincantes. No desempate, Bonxe e Félix sairon gañadores e pasaron a xogar a gran final. Charli e Xan Rodríño loitarían pois polo terceiro posto.
![]() |
| Félix a punto de ser coroado polo Coroceiro sainte David Navallo. |
Felix golpeou primeiro e apuntouse a carreira. Na segunda Bonxe saiu con un bo tiro e Félix fixo un golpe cativeiro deixando a billarda moi perto da saída e escorada a dereira. Segundo golpe, erro de Bonxe e Félix aproveita poñendo a billarda perto do varal. Terceiro golpe de Bonxe que entra e Félix contesta entrando tamén. Empate e victoria final para o Avó dos Billardeiros Musicais que acada o título de Coroceiro 2025.
![]() |
| Bonxe-Félix-Charli |
En equipos, estivo reñida a competición con unha lixeira vantaxe dos tres primeiros clasificados sobre o resto de equipos, sendo os Troitas Bravas de A Pontenova os que acadaron o primeiro posto con 55 puntos, superando os actuais campións Billardeiros Musicais de Ribadeo (52 puntos) e a Cochiqueiros de Salceda (50 puntos).
![]() |
| Campións TROITAS BRAVAS de A PONTENOVA |
![]() |
| Subcampións BILLARDEIROS MUSICAIS de RIBADEO |
![]() |
| 3º Clasificasdos COCHIQUEIROS de CERCEDA |
![]() |
| Avó e neta, Grandes Campións Nacionais 2025 |





























































