IX ABERTO “A TERRA NON SE VENDE” Muimenta 16 de abril de 2022
![]() |
Bonxe nun lance do xogo |
O campo a beira do rio en Ponte de Outeiro quedouse pequeno para acoller a novena xornada da LNB da conferencia NorLeste. O equipo local de Carabullo con bo criterio, trasladou o aberto o campo de fútbol “O Pichón” de Muimenta donde se acadou a marca de participación da tempada, nove cativos, dezasete donas e sesenta e cinco homes se deron cita (noventa e un palanadores en total) na disputa desta xornada. A LNB medra sin parar.
Unha tarde soleada fixo a ledicia dos asistentes e que o campo perfectamente axeitado, lucira en todo o seo explendor.
![]() |
Oscar Ponte, un dos compoñentes do "Campo da Feira" de Paiosaco |
Non faltaron compañeiros de outras conferencias. Nesta ocasión acompañounos unha boa parte do equipo “Campo da Feira” de Paiosaco que acadaron o mellor resultado dende que veñen participando na nosa liga e meritoriamente se fixeron co segundo posto da xornada por equipos, por detras dos anfitrións “Carabullo” e un punto por diante de Billardeiros Musicais e Troitas Bravas, que compartiron o terceiro posto.
![]() |
"CARABULLO" a falta dunha xornada virtual campión da tempada |
![]() |
"Charli" en gran forma. Un paso de xigante para acadar o título de campión. |
Charli quedou segundo nun desempate co seu compañeiro de equipo Javi Moran, mais incrementa a diferencia a sete, oito e nove puntos cos inmediatos seguidores (Daniel, Sachas e Basilio). Félix completou o podio da xornada.
![]() |
As tres mellores palanadoras da tempada. |
En infantis dominio de Aroa, Mateu e Diego.
A vindeira xornada xógase en Remourelle o 14 de maio e porá remate a tempada. Como é costume, neste caso os grupos non se farán por sorteo puro senon que se iran formando según a clasificación xeral. O grupo dos primeiros clasificados será o derradeiro en xogar.
Billarda sempre e adiante co Varal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario