2023/03/28

10ª xoronada da LNB NorLeste. Pacios-Begonte 26 marzo 2023

                                                    II ABERTO DO CASTIÑEIRO

      No campo de fútebol de Pacios, disputouse a décima xornada da LNB NorLeste nun domingo desapacible que ameazaba choiva mais que a modiño foi trocando e converténdose nunha exitosa xornada billardeira. 

        Xuntáronse en total sesenta e cinco palanadores de tódalas idades (tres cativos, quince donas e corenta e sete homes). 

       As puntuacións, agás pequenas escepcións, foron bastante acordes a gran calidade da maioría de  palanadores. 

       A guinda púxoa Santi (Carabullo) con cuasipleno de vintecatro puntos. Figura clasificado pouco mais arriba da metade da tabla, mais de non ter faltado a gran parte dos abertos, estaríamos ante un dos líderes da tempada. 

      Segundo foi “o mago de Castropol” David Navallo (Troitas Bravas) e terceiro unha das xovens estrelas de Madia Leva (Diego) que superou nun emocionante desempate a todo un veterán como é Sachas (Troitas Bravas). 

      Na categoría de donas estréase no podio Cris dos anfitrións Madia Leva, seguida das Musicais Billardeirass Aroa e Dori. 

      En infantis, Diego subiu novamente o podio como gañador acompañado dos compañeiros de equipo (Madia Leva) Mateu e Maré. 

    Por equipos dominaron Carabullo e Troitas Bravas, que empataron a puntos sendo gañador os primeiro por mellor puntución individual do gañador da xornada. Terceiro foron os de Madia Leva. 

       Moi boa a organización da Asociación Castiñeiro Milenario para este aberto que culminou ca entrega dos sabrosos agasallos que o remate do aberto entregaron os gañadores. 

      A vindeira xornada o sábado 8 de abril en Bretoña. Parabéns a todos. Saúde e billarda sempre!

No hay comentarios: