2023/08/21

Aberto das Festas Patronales de Ribadeo

     O vindeiro 2 de setembro celebraremos en Ribadeo o Aberto das Festas Patronales. Queremos deste xeito retomar un aberto que se fixo varios anos o comezo da liga regular da LNB e que xuntaba a gran parte dos palanadores daqueles anos.


     Podemos decir que comezou sendo un reto entre os Billardeiros Musicais e Os Outros contra unha selección do resto do mundo e logo pasou a ser un aberto mais de verán que se foi relegando por causas varias.

     Iste ano pretendemos retomalo e tentaremos estar a altura dos que se veñen programando de forma exemplar por outros equipos.

     Contaremos ca axuda do Concello en canto a cesión das instalacións deportivas do CEIP Gregorio Sanz (Avda. de Luarca, fronte o campo de fútbol municipal) e ca aportación de trofeos.

     Por riba tamén teremos outros regaliños mais, aportación de establecementos amigos e simpatizantes (un xamón, embutidos, queixo, botellas de viño etc.) 


     E para remate uns petiscos para tódoloss participantes. Animádevos e comunicade asistencia, ainda que sexa aproximada, contra finais de este mes de agosto, para facer unha previsión.

No hay comentarios: