1ª xornada da LNB NorLeste. Castroverde 24.09.23
O RAPOSO PLATEADO TIVO O COMEZO DESEXADO
Ca “VII edición do Aberto das Noces” organizada polo equipo de Billarda Verde no campo da Veiga do Olmo de Castroverde, arrincaba unha nova tempada de billarda da conferencias NorLeste.
![]() |
Os actuais campións, reláxanse cos chistes de Muriego |
![]() |
2º Charli- 1º Cortón- 3º David Navallo |
O segundo e terceiro caixón foron pa Charli (Carabullo) con 23 puntos e para David Navallo (Troitas Bravas) con 22, si ben este tivo que desfacerse de Basiliio (Billardeiros Musicais) nun reñido desempate.
![]() |
Billardeiros Musicais - Ribadeo |
Os mariñáns ca volta de Markytos, deron primeiro e son de novo serios aspirantes o título. Contan cun equipo femenino moi forte, hoxe non estivo Aroa, mais Dori e Geni coparon o podio e so deixaron o terceiro caixón valeiro para que o ocupase unha das grandes promesas de Troitas Bravas, a infantil Alba.
Seixas, do equipo anfitrión, fixo entrega de artesanais trofeos e dun saqueto de noces os gañadores.
A seguinte xornada xa o vindeiro domingo 22 de outubro en A Pontenova
Saude e Billarda sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario