2023/11/22

Os vellos rockeiros nunca morren

 2ª xornada da LNB NorLeste. A Pontenova  22-10-2023


A mañá estaba fría, ameazando choiva, mais respectou a xornada billardeira no campo das minas donde nos xuntamos 83 palanadores (53 homes, 21 donas e 9 cativos) para disputar o “XII aberto do Ferro” e levarse o premio da “navalla”.


A billarda segue a medrar e o novos valores veñen puxando forte, mais hoxe quedou ven as claras que os vellos rockeiros nunca morren.

Un dos pioneiros neste apaixoante xogo (deporte) presentouse no campo para dar una nova lección de entusiasmo e bo facer acadando o mais alto do podio con 24 puntos: XERMAN VILUBA, alma e corazón billardeiro onde os haxa pillou a navalla.

Outro dos de sempre,o tricampión nacional Markytos, acompañouno no podio como terceiro, logo de que fora superado nun emocionante desempate por a xuventude de Gundar, que deu un toque xuvenil o podio de hoxe colándose entre os dous veteráns mestres.

Moi competido o podio por equipos, si na derradeira xornada os Billardeiros Musicais superaron por dous puntos os Troitas Bravas, nesta ocasión foi o revés sendo a diferencia entre eles dous de so un punto. No terceiro chanzo repite Madia Leva que este ano vai por todas e xa supera en dez puntos aos Carabullo.

Na categoría de donas, Cris ven reclamando un merecido posto entre as mellores, hoxe foi terceira so superada por Geni e Aroa que dominaron con autoridade a xornada.

En canto a cativos, o duo Diego e Mateu siguen na súa loita particular e non dan chance, so Roi (outro emerxente valor billardeiro) puido achegarse a eles para ocupar o terceiro posto.


 A herba artificial non foi terreo amigo para moitos palanadores que soen puntuar mais alto e hoxe non poideron como tampouco se fixo ningún Varado.

Compañeiros do equipo anfitrión fixeron entrega dos trofeos e agasallos os gañadores. da xornada. Nomeadamente da agardada “navalla” o campión Xermán que gozou dun momento histórico co seu triunfo de hoxe.





Rematouse a xornada cun  inmellorable xantar de irmandade.Billarda sempre e adiante co Varal!.

No hay comentarios: