2023/11/22

OS LIDERES FANSE FORTES E NON SE DEIXAN PILLAR

 3ª xornada da LNB NorLeste.   Nadela-Lugo 12 novembro 2023

 XII Torneo Cidade de Lugo. Aberto de billarda do Minho

      No campo de fútebol de Nadela, aproveitando que a choiva da semana deu un respiro, déronse  cita 80 palanadores (51 homes, 20 donas e 9 cativos) para disputar a 3ª xornada da LNB, conferencia NorLeste.

    O campo blando mais non tan enchumazado como cabía esperar permitiunos gozar d’unha fermosa xornada billardeira con moi bos golpes que permitiron acadar os dous primeiros varados da tempada.


   O primeiro foi obra do xoven Morás do equipo anfitrión de Madia Leva e un pouco mais tarde foi Sandonguero de Troitas Bravas quen o secundou.



Charly de Carabullo gañou a xornada logo dun desempate con Xosé Manuel de Castiñeiro Milenario. Terceiro foi Basilio de Billardeiros Musicais o gañar o desempate co actual líder  Cortón (Billarda do Miño) e con Regueiro (Troitas Bravas).

En donas foi Pamela (Troitas Bravas) a mellor da xornada, segunda Dori (Billardeiros Musicais) e o terceiro caixón ocupárono Cris e Vanesa (Castiñeiro) e Irea (Carabullo).





En infantís Mateu e Diego (Madia Leva) foron primeiro e terceiro, deixando desta volta o segundo posto para Alba (Troitas Bravas).

En canto a equipos, os ribadenses Billardeiros Musicais gañaron a xornada consolidando o primeiro posto da xeral, seguidos de Troitas Bravas (A Pontenova) e de Carabullo (Ponte de Outeiro).

Para a seguinte xornada vémonos en Mondoñedo o sábado 25 deste mes de novembro. Billarda sempre e adiante co Varal.

 



No hay comentarios: