OS "TROITAS BRAVAS", MAIS BRAVAS QUE NUNCA
Baixo unha chuvia mais teimuda cun can diante da porta do súper, celebrouse en Bretoña a 8ª xornada da LNB. O campo estaba tan enlamado que ata as billardas patinaban, no canto de sair cara adiante, facian filigranas no ar, como si quixeran tomarnos o pelo; mais a multicolor serpe da LNB Non se arredra nunca, planta cara ante calquera imprevisto e sacou o aberto adiante e mais tendo en conta que o final non faltarían as freces, que é unha parte moi importante.
Os "Troitas Bravas" tiñan decidido que non deixarían catar podio a ninguén, e casi o consiguen: Noé, Navallo e Juanki fixeron un triplete tan perfecto que parécia que entrenaban ca selección Brasileira do "xogo bonito".
Alba en donas, subio o primeiro posto como quen colle o derradeiro chourizo do prato, sumou 17 puntos, tantos como fixeron entre ambas Vanesa e Aroa que foron súas acompalantes.
En infantís o primeiro posto estaba clarinete, adiviñades quén? Pois si, de Novo Mateo, seguido da súa compañeira Antía e do outro Mateo, o de Madia Leva, que tampouco quixo pasar desapercibido.
Además dos Troitas, en equipos apareceron hoxe os Carabullo, que presentaron un equipo moi competitivo e mais os Billardeiros Musicais, que ainda que a súa banda sonora estivo algo desafinada, nun deixan de estar aí.
E para que a festa fora completa, o "mago de Castropol" tivo a cortesía de agasallarnos con un varado. Grande Navallo.En resumo, lama, choiva, fugaz aparación de Lourenzo que víu o panorama o "marchou a fume de carozo", billardas xuguetonas, agasallos pos premiados e freces pa todos. Un novo éxito billardeiro que agardamos repetir o vindeiro domingo 22 en Begonte. Billarda sempre a adiante co Varal!





No hay comentarios:
Publicar un comentario