2026/04/13

9ª xornada de LNB NorLeste. Begonte 22 de marzo de 2026

                                         OS TROITA BRAVAS METEN A DIRECTA

      No campo de Pacios montouse o espectáculo billardeiro do ano: sol, risas e menos xente da esperada… pero iso si, os de Troitas Bravas viñeron en modo “imos arrasar” e puxeron a directa sen mirar atrás no V Aberto do Castiñeiro.


    Por equipos fixeron o de sempre: gañar con estilo mentres carabullo de Madia Leva corrian detrás intentando pillalos mais sin esperanza algunha de facelo.


    No plano individual, Sachas dixo “isto é meu” e voltou a ser o Sachas de sempre deixando que Santi se metese no medio en plan ninja, del e do seu compañeiro e Juanki para completar o podio sen perder a dignidade.

    


             Nas donas, Nedi mandou, Milagros resistiu ben e Juncal pechou o top con elegancia e gran alboroto.

    E nos pequenos… os tres gldiadores da LNB! os “Troitiñas” Mateo e Martín  e mais o outro Mateo, si o de Madia Leva, demostraron que o futuro xa chegou e vén con puntería afinada pisando moi forte. 

        
          Un pequenín descanso para coller folgos e vémonos de novo o vindeiro 12 de abril en Riotorto; mentres ide afiando paláns e billardas que xa está rematando a tempada pero ainda queda moito que leirar. Billarda sempre e adiante co Varal!

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario